O programa de limpeza de praias 2017 da Deputación da Coruña inclúe 12 concellos da Costa da Morte. Imaxe: Mar Fábula
A Deputación da Coruña vén de adxudicar o programas de limpeza de praias 2017 aos concellos da provincia, dotado cun orzamento de 900.000 euros. A asignación provisional correspondente a cada un dos 41 municipios publicarase hoxe, 21 de abril, no Boletín Oficial da Provincia. En canto aos concellos da bisbarra, serán 12 os que se inclúan neste plan o que suman un importe de 274.273,09€.
A finalidade do mesmo é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal que se encargará da limpeza dos areais da provincia durante a tempada estival. “Ademáis de contribuir á mellora da imaxe das praias coruñesas de cara á tempada estival, este programa axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que ao cargo deste programa e do de socorristas das praias fluviais e piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas”, afirmou o presidente da institución provincial - Valentín González Formoso - que destacou tamén todas as solicitudes dos concellos para participar neste programa foron admitidas.
A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, polo que os contratos deberán estar comprendidos entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2017.
A Deputación aplicou criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, e da poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.
A superficie das praias valorouse cun máximo de 70 puntos (para aqueles concellos que teñan máis de 400.000 metros de superficie de praias), mentres que a poboación do municipio supuxo ata 30 puntos na valoración.
Os concellos da Costa da Morte incluidos neste plan son: