A radio toma as escolas

Imaxe do Taller de radiONeria no CEIP Mar de Fóra

Semanas de radio escolar. A pasada semana as radios irmandadas da Costa da Morte trasladábanse ao CEIP Mar de Fóra. Ubaldo Cerqueiro, colaborador da radiONeria e Radio Roncudo levaba a emisora ao centro fisterrán para facer un taller co alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Con este taller que as radios irmandadas están abertas a levar polas escolas da bisbarra a través do CFR, a rapazada tivo oportunidade de coñecer como chega a radio ata as súas casas e tamén como poden facer maxia, mandando as sáus voces ata Australia a través dos podcast.

Coa axuda dos mestres Mateo e Carlos, o alumnado coñeceu de primeira man as dúas partes fundamentais dunha radio: a parte da redacción ou preparación de contidos; e parte técnica ou gravación, utilizando o programa libre Audacity, e descubrindo o poder das ondas.

O alumnado distribuise diferentes temáticas, dende o 8 de marzo, pasando polo Entroido, e os formatos radiofónicos, facendo un debate, unha entrevista, unha reportaxe e un par de cuñas de promoción turística. Tamén presentaron en sociedade o seu propio proxecto xornalístico: A Voz do Faro (na foto da dereita), do cal o vindeiro número está a piques de saír á rúa.

 

Estes son os os podcasts gravados, en crú, durante o taller: 

 

A Radio na Biblio


A Radio na Biblio do CEIP As Revoltas

Paralelamente, no CPI As Revoltas de Cabana continúan co seu fermoso proxecto da “Radio na Biblio”. Este luns recibiron a visita insitucional para dar conta deste programa que busca que o alumnado avance na adquisición de competencias internacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedad actual.

Son varios os centros da comarca que contan con esta iniciativa: CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, en Santa Comba, co “Radio Fuco” como gran programa central; o CEIP Canosa Rus de Coristanco co “Canosa Onda”; CPI Cabo da Area de Laxe, con “Radio Rat”; CEIP Milladoiro de Malpica coa “Radio Balea”; CEIPVíctor Sáenz de Mazaricos, con “Radio Rosiña”; CEIP Ricardo Tobío de Muros co “Radio Laretas” (na imaxe da esquerda); e o CEIP Isidro Parga Pondal de Carballo, que xunto co cabanés, se estrea no programa.

A convocatoria para solicitar para os centros escolares está aberta para o I Concurso de Podcast - Radio na Biblio.

 

Novas relacionadas