Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Cole de Dumbría celebra o 25N dende a radio

O Cole de Dumbría celebra o 25N dende a radio

Oscar Rey dando un Taller de radio no Cole de Dumbria Oscar Rey e Ubaldo Cerqueiro dando un Taller de radio no Cole de Dumbría

Auténticos locutores e xornalistas en potencia ten o Cole de Dumbría. Así o comprobaron Ubaldo Cerqueiro, responsable de QPC e Óscar Rey, mestre no IES de Baio e membro das radios irmandadas da Costa da Morte, durante os dous talleres que se desenvolveron esta semana no centro dumbriés a través da CEFORE. Ubaldo realizou durante a mañá do xoves sendos talleres de prensa dixital para os peques de infantil como para o alumnado de Primaria.

Os arredor de 70 nenos do activo CEIP Santa Eulalia puideron coñecer de preto como traballa un diario dixital, e se sumerxiron un pouco máis no que é a internet e as súas posibilidades.

Taller de prensa dixital no Cole de Dumbria con QPC Ubaldo Cerqueiro realizou un taller de prensa dixital no Cole de Dumbría

Unha delas, precisamente, é levar as voces da rapazada polo mundo, e para iso se celebrou o venres un taller enfocado á radio. Da man de Ubaldo e Óscar, colaboradores da radiONeria (Corcubión) e Radio Roncudo (Corme), a cativada fixo un achegamento máis que interesante a este máxico medio.

Tanto foi así que a creatividade foi a gran protagonista, e aproveitando a data do 15N, por grupos foron realizando diferentes cuñas para emitir polas ondas. Dende 1º a 6º de Primaria gravaron as súas pezas radiofónicas, que soarán como tal nas ondas da Costa da Morte, e que percorrerán o mundo a través da rede como podcast, como podedes comprobar aquí mesmo:

 

Comentarios