A Xunta promete un transporte público "a demanda" para o 2016

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras, durante a súa intervención no último pleno do Parlamento As débedas da administración co transporte público da Costa da Morte veñen de moito tempo atrás. Precisamente, fai uns días a situación empeoraba coa supresión de varias liñas de autobuses nalgúns puntos da bisbarra.  Este problema tratouse no pleno do Parlamento celebrado onte, onde a conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, informou que no 2016 a Xunta poñerá en marcha un sistema de "transporte a demanda" que garanta a máxima cobertura do transporte público en comarcas como a da Costa da Morte. Neste senso, a conselleira - de orixe pontecesana - incidiu en que accións coma esta complementarase con outras como as bonificacións no prezo da viaxe e lembrou que, desde hai máis dun mes, os veciños de Carballo desfrutan da súa incorporación á Área de Transporte Metropolitano da Coruña, que lles permite facer desprazamentos habituais ata a capital provincial polo prezo reducido de 3,13 €; ou desprazamentos internos por 0,85 €. Así mesmo, durante a sesión de onte, Vázquez concretou que haberá unha modificación da oferta, coa posibilidade de complementar a actual rede de transporte público de uso xeral coa utilización compartida do bus escolar, con varias rutas de transporte escolar dos concellos de Coristanco e Mazaricos. A raíz dunha pregunta do grupo socialista, Vázquez lembrou que na Costa da Morte, a oferta de transporte colectivo estrutúrase, fundamentalmente, en dous eixes principais: o eixe que, cara a Muros e Noia, comunica con Santiago e coa fachada atlántica; e o que, desde Fisterra e Cee, comunica a toda a comarca cara á Coruña. A estes dous e súmanse outras comunicacións como poden ser as da comarca de Bergantiños con Santiago de Compostela. Nos últimos anos, as empresas de transporte que operan nesta zona trasladaron á administración autonómica dificultades no mantemento de algunhas liñas, asegurando que estas non presentan unha correspondencia coa demanda actual.   Horario de buses
Recemente, QPC actualizou un dos seus servicios que vén ofrecedendo desde hai anos. Así, podes consultar aquí os horarios dos buses da Costa da Morte. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC
  • Xunta