![Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras, durante a súa intervención no último pleno do Parlamento]()
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras, durante a súa intervención no último pleno do Parlamento
As débedas da administración co transporte público da Costa da Morte veñen de moito tempo atrás. Precisamente, fai uns días a situación empeoraba coa supresión de varias liñas de autobuses nalgúns puntos da bisbarra. Este problema tratouse no pleno do Parlamento celebrado onte, onde a conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, informou que no 2016 a Xunta poñerá en marcha un sistema de
"transporte a demanda" que garanta a máxima cobertura do transporte público en comarcas como a da Costa da Morte.
Neste senso, a conselleira - de orixe pontecesana - incidiu en que accións coma esta complementarase con outras como as bonificacións no prezo da viaxe e lembrou que, desde hai máis dun mes,
os veciños de Carballo desfrutan da súa incorporación á Área de Transporte Metropolitano da Coruña, que lles permite facer desprazamentos habituais ata a capital provincial polo prezo reducido de 3,13 €; ou desprazamentos internos por 0,85 €.
Así mesmo, durante a sesión de onte, Vázquez concretou que haberá unha modificación da oferta, coa posibilidade de complementar a actual rede de transporte público de uso xeral coa utilización
compartida do bus escolar, con varias rutas de transporte escolar dos concellos de
Coristanco e
Mazaricos.
A raíz dunha pregunta do grupo socialista, Vázquez lembrou que na Costa da Morte, a oferta de transporte colectivo estrutúrase, fundamentalmente, en dous eixes principais: o eixe que, cara a Muros e Noia, comunica con Santiago e coa fachada atlántica; e o que, desde Fisterra e Cee, comunica a toda a comarca cara á Coruña. A estes dous e súmanse outras comunicacións como poden ser as da comarca de Bergantiños con Santiago de Compostela.
Nos últimos anos, as empresas de transporte que operan nesta zona trasladaron á administración autonómica dificultades no mantemento de algunhas liñas, asegurando que estas non presentan unha correspondencia coa demanda actual.
Horario de buses
![horarios]()
Recemente, QPC actualizou un dos seus servicios que vén ofrecedendo desde hai anos. Así, podes consultar
aquí os horarios dos buses da Costa da Morte.
Novas relacionadas
Fonte