Afiprodel traslada as vicisitudes do municipalismo ao Congreso dos Deputados

Membros de Afiprodel no Congreso dos Deputados

Foron invitadas por Ricardo García Mira antes de ser convocadas as eleccións estatais. A intención era trasladarlle “aos que mandan as necesidades dos pequenos territorios”, pero coas eleccións á volta da esquena non se sabe a ciencia certa quen vai gobernar.

En todo caso, os Axentes de Desenvolvemento Local, a través da entidade AFIPRODEL (a entidade que engloba a todos os ADL do país e que naceu e ten o centro na Costa da Morte) foron recibidos polo Deputado socialista, e antigo Consejero de Medio Ambiente na Junta de Andalucía, Juan José Díaz Trillo.

A entidade falou en clave de municipalismo trasladándolles como afectan no día da a día das pequenas comunidades as leis que se cocen en Madrid. Falaron tamén das competencias municipais en materia de desenvolvemento local e a importancia que teñen para a nosa sociedade.