As 10 enmendas que Unión Cidadá propón para os Orzamentos Xerais
21 de xaneiro de 2019 (12:22 h.)
- 1- Rematar a Vía de Alta capacidade ata Fisterra.
- 2- Creación dun xeriatrico;
- 3- Construcción de vivenda social para rentas baixas (para aluguer en función dos ingresos para que a xente poda permitirse vivir nunha vivenda digna).
- 4- A compra de 6 unidades de remolcadores e que 2 teñan como base fixa Cee, pois en Galicia non hai o número suficiente de remolcadores, o que provoca que moitos buques de mercadorías non poidan descargar, embarcar e atracar no porto de Brens por non dispor deses remolcadores que son imprescindibles para garantir o embarque e atraque correcto. Se se logran dous fixos aumentaría o tráfico e o embarque e atraque de buques en Cee coa repercusión económica que iso conleva;
- 5- Solicitar de novo a oficina de DNI e Pasaporte xa que o concello de Cee semella non facer caso aos 2 requerimentos que lle fixo U.C.G.
- 6- Programas finalistas para rematar parador de Muxía;
- 7- Estudo de rede ferroviaria Coruña-Cee ou Santiago-Cee para iniciar esa infraestructura para o transporte de persoas e mercadorias;
- 8- Vía Alta Capacidade Santiago-Costa da Morte (proxecto presupuestado no seu día pola Xunta e que nunca viu a luz);
- 9- Plan de desenvolvemento industrial para a Costa da Morte, xa que a Xunta non o realiza a pesar de telo solicitado, o que “indica que tanto o PP coma o PSOE, BNG(por ser estes os que gobernaron Galicia) non se interesaron pola industrialización da comarca e están carentes de ideas para crear riqueza na bisbarra;
- 10- Creación de parques eólicos de xestión municipal ou consorcios/mancomunidades de concellos da Costa da Morte para revertir eses ingresos na creación de servizos sociais e dotar de novas infraestructuras aos concellos e cidadáns.