As parroquias de Coristanco poñen en marcha a súa campaña solidaria de Nadal
Arrinca unha nova Campaña Solidaria de Nadal en Coristanco. Da man do párroco Manuel Mayo Romarís, Parroco de Coristanco, as Parroquias coristanquesas (San Martin de Oca e Santuario da Virxe do Corpiño,Santo Tomás Xaviña, Santa María de Traba, San Mamed de Seavia e Santuario de Santa Minia, e San Salvador de Erbecedo e Santuario da nosa Señora da Saleta e dos Milagres) poñen en marcha a campaña solidaria “O pouco entre moitos, é moito”.
Esta campaña, arrinca esta semana e estará aberta ata o domingo 17 de decembro. Pódese colaborar na Rectoral e Igrexas citadas, con donativos ou alimentos. O 18 de decembro comezarase o reparto, dias previos ao Nadal ás familias que o necesiten do concello, e entes da Igrexa, tales como o Cotolengo.
Ese día o párroco, xunto cos veciños que queiran, ten pensado ir con alumnos ao Cotolengo de Santiago, para aproveitar e que estes vexan e valoren o que teñen fronte a outros jovenes da súa idade, que carecen dos máis elemental como a saúde ou familia.
Segundo o propio Mayo, “con esta campaña perséguese ademais de concienciar en solidariedade, tomar conciencia do ricos que somos en tantas cousas que ás veces non lle damos importancia (saúde, amigos, comida, familia,...) poñer en práctica a nosa fe e realmente que retomemos o verdadeiro valor do Nadal que non é só o consumismo (agasallos, ceas, compras…), que están ben, pero que non é o importante destas datas”.
Na campaña colaboran xunto cos veciños do concello, Conservas Calvo, Patacas Prado, o Comercio local, o Concello e varios institutos.
Novas relacionadas
- Setembro 17: Patacas solidarias de Coristanco.
- Novembro 16: A veciñanza de Coristanco comeza unha Campaña Solidaria de Nadal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).