A Cámara continúa informando sobre as súas axudas gratuítas ao comercio local

Federico Sánchez cos empresarios do comercio local de Fisterra

Trala primeira xuntanza informativa de Cee, o xestor da zona da Cámara de Comercio da Coruña, Federico Sánchez, segue percorrendo a bisbarra. Onte tocaba en Fisterra e Corcubión, onde convocaba aos empresarios para contarlles de que se trata esta campaña de Apoio Gratuito a Comercio Minorista dá Costa da Morte, financiada por Fondos de Desenvolvemento Local da Unión Europea.

Unhas axudas que afondan na mellorar a competitividade dos comercios locais e que tratan de fomentar a innovación. Son varias as liñas subvencionables: axudar a crear unha experiencia de compra, a fomentar o visual merchandising, a optimización do escaparate ou a venda en liña son algunhas das ideas.

As citas informativas continúan (poden pedir máis información no 6640129870). Este venres estivo en Camariñas ás 9:00h e en Baio ás 13:30h.

As seguintes sesións serán:

  • Luns 28 de Setembro. Concello de de Muxia ás 9:30 en casa do Concello.
  • Luns 28 de Setembro. Concello de Laxe á 13:00 .Salón de plenos do concello.
  • Martes 29 de Setembro. Concello de Coristanco ás 9:30 en Edificio de Servizos Multiples, salón de actos (á beira do centro de saúde).

Novas relacionadas