Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Cámara de Comercio continúa coas presentacións das axudas ao Comercio Local

Juanma Buiturion e Federico Sanchez da Camara de Comercio
O concelleiro ceense Juanma Buiturion con Federico Sánchez, da Cámara de Comercio da Coruña
A Cámara de Comercio continúa coas presentacións das axudas ao Comercio Local

Continúa a Cámara de Comercio da Coruña levando, concello a concello, información sobre as súas axudas gratuítas ao Comercio Minorista que esta impulsando gracias aos Fondos de Desenvolvemento Local da Union Europea. O pasado venres estiveron en Cee, explicando en que consisten e como se poden solicitar a un grupo de empresarios do comercio local.

O programa está moi enfocado a mellorar a competitividade dos comercios locais e fomentar a innovación, e ten varias liñas de traballo abertas. Axudar a crear unha experiencia de compra, a fomentar o visual merchandising, a optimización do escaparate ou a venda en liña son algunhas das ideas.

Despois da parada de Cee, son varias as citas que ten formulado xa Federico Sánchez, responsable do programa (co que poden contactar no 664 012 870).

  • Xoves 24 en Corcubión, ás 19:00h, no Salon de plenos de Concello.
  • Venres 25 en Camariñas, ás 9:00h na Casa de Pedra.
  • Venres 25 en Zas, ás 13:30h no Centro Socio Cultural de Baio.
  • Luns 28 en Muxia, ás 9:30h na Casa do Concello.

Novas relacionadas

Comentarios