Camiñar para ler natureza polo verxel de Bergantiños

Segue en marcha o programa máis antigo de Senda Nova, o de Primavera en Ruta. Trala estrea á beira do Anllóns, este pasado domingo tocaba descubrir os tesouros do Coristanco Histórico.

40 camiñantes (coma sempre moitos rapaces) atrevíanse a desafiar os 22 km de percorrido polo verxel de Bergantiños, acompañados por un sol do máis amigable. No fermoso igrexario de Seavia, o particular guía, Jose Antonio Andrade, resumiu o sentido da ruta, e a medida que ían visitando templos, o escritor afiaba o discursos.

Jose Antonio Andrade con Senda Nova

Saborearon cada corredoira do sur de Coristanco despois de montar rumbo no museo de Asunción Antelo, en Segufe. Foi a primeira vez que Senda Nova visita a fermosa exposición sen a presenza da artista, pero aí estaba Isabel Rey Porteiro co consentimento da familia para abrir as portas, mantendo vivo o legado da Rexoubeira. Foi fomento para ler uns versos e renderlle unha sentida homenaxe.

Castro do Vilar, férveda do Rabiñoso… camiñando e lendo a natureza.

Novas relacionadas