O Camiño tece redes con Portugal

Encontro transfonterizo do Camiño na Cañiza
Este pasado sábado representantes municipais dos Concellos de Zas, Muxía, Vimianzo ou Santa Comba participaron en A Cañiza no I Encontro Transfronteirizo de Alcaldes.
 
Alí debatíronse as temáticas relacionadas coa preservación e potenciación das contornas polas que pasa o Camiño de Santiago, trasladándose a cada membro das corporacións alí presentes unha serie de pautas que axudarán a dinamizar esta ruta peregrina que cada ano atrae a miles de persoas.