Catro entes turísticos da zona reciben máis de 166.000 euros para a mellora dos seus servizos

A asociación de empresarios e promoción turística de Camariñas recibirá máis de 44.000 euros a promoción e dinamización do faro Vilán A área de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación da Coruña vén de aprobar unha partida de 684.838 euros, dirixida á mellora da calidade e a competitividade dos servizos, proxectos e actividades turísticas das entidades de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios do sector. O deputado e responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou que “a mellora da promoción e dinamización da oferta turística dos concellos é unha cuestión de especial relevancia para a Deputación coa aposta por un turismo sostíbel e de calidade”. O obxectivos da liña é, entre outras cuestións, “optimizar e consolidar os seus proxectos, xunto organización de novos eventos turísticos, como garantía para promover unha imaxe poisitiva dos nosos destinos”. Nesta ocasión, un total de 10 entidades, entre as que se atopan asociacións, consorcios e mancomunidades turísticas, serán as que se beneficien dunha liña de subvencións que achega un total de 684.838 euros. Entidades do sector turístico como o Consorcio de Turismos e Congresos da Coruña, o ente de Turismo de Santiago de Compostela, o Consorcio das Mariñas, a Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas, a Asociación Muros Vila de Auga e Sal, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, a Asociación de Turismo da Costa da Morte, a Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros-Noia ou as mancomunidades de concellos de Ferrol e a Ría Arousa-Norte, son as entidades que recibiren o apoio da Deputación da Coruña para promocionar e optimizar os seus produtos turísticos.   Os proxectos e as achegas contempladas a través desta liña son os seguintes:
  • Asociación de empresarios e de promoción turística Camariñas
- Importe da subvención: 44.157,00 € - Obxecto: Faro de Cabo Vilán: centro cultural, de ocio e turístico.
  • Asociación rural de desenvolvemento da Ría de Muros-Noia
- Importe da subvención: 40.000,00 € - Obxecto: Mellora da Calidade Turística
  • Asociación Socio-Cultural Auga e Sal
- Importe da subvención: 36.180,50 -Obxecto: Mellora do producto turístico Muros, Vila de Auga e sal 2018. Mellora dos servizos e da estratexia de promoción.
  • Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña
-Importe da subvención:  120.000 -Obxecto: Mellora da calidade, competitividade e desenvolvemento de actividades turísticas
  • Costa da Morte Asociación Turística C.M.A.T.
-Importe da subvención:  45.760,00 € -Obxecto:  Actividades formativas ao sector turístico, desenvolvemento de produto de turismo deportivo e secretaría técnica do Xeodestino Costa da Morte.
  • Información e Comunicación Local, S.A.
-Importe da subvención: 120.000, 00 € -Obxecto: Financiamento do plan de mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas do ente Turismo de Santiago
  •  Mancomunidade de Concellos Comarca de Ferrol
-Importe da subvención: 80.000,00 € -Obxecto:  Plan de competitividade do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas
  • Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte
- Importe da subvención: 80.000, 00€ -Obxecto: Promoción turística de Arousa Norte
  • Sociedade mixta de Turismo de Ferrol
-Importe da subvención:  80.000,00 € -Obxecto: Solicitude de Subvención para a mellora da calidade, desenvolvemento e consolidación de produtos turísticos en Ferrol
  • Consorcio das Mariñas
-Importe da subvención:  18.740,00 € -Obxecto: Itinerancia da exposición sobre a ruta do impresionismo. Desenvolvemento de once obradoiros de animación. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña