Cen nenos da zona disfrutaron da neve na Campaña de Esquí 2018 da Deputación

A neve, a pesar das últimas nevadas, é unha experiencia pouco habitual para nenos de costa. Por iso cobra máis sentido a Campaña de Esquí 2018, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña, que este ano cumpliu a súa terceira edición.

Entre os 100 nenos que participaron, había rapaces nenos e nenas de Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, A Pobra, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas.

Durante a fin de semana puideron aprender a esquiar en Cabeza de Manzaneda, con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario. “O obxectivo é promocionar a práctica do deporte e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia entre os rapaces”, sinalou García Liñares, que lembrou que a próxima expedición partirá o 9 de marzo con 100 rapaces das comarcas de Compostela e o interior coruñés.

Fonte

  • Deputación.