Comezan as expropiacións para a estrada Santa Comba - Santiago
Pois efectivamente, parece que a campaña electoral ten comezado. E unha das claves é a posta en marcha de infraestruturas tan demadandadas como a Autovía Costa da Morte, ou como a estrada entre Santa Comba e Santiago. Unha demanda histórica no concello xalleiro, que mesmo provocou a decisión da dimisión do teniente alcalde de Santa Comba, entre outras razóns.
Onte, a onselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, pasou pola vila xallesa e mantivo unha xuntanza coa nova alcaldesa, María José Pose, para anunciar o inicio dos trámites expropiatorios necesarios para a primeira fase da mellora da estrada entre Santa Comba e Santiago de Compostela.
Así, segundo sinalou, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio do procedemento de expropiación dos terreos afectados polo proxecto de execución do treito da actuación entre o Polígono Empresarial e Abuín desta actuación, co obxectivo de licitar e contratar as obras en 2015, unha vez conclúa o proceso expropiatorio.
Novas relacionadas
- As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
- Santa Comba xa ten alcaldesa.
- O teniente alcalde de Santa Comba tamén presenta a súa dimisión.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).