Completo mes de maio para as parroquias de Coristanco

Unha das festas deste mes de maio en Coristanco

Non vai dar feito o párroco de Coristanco, Manuel Mallo Romarís. Albíscase un mes de maio completo. Así o anuncian as pancartas xa colocadas ao efecto e a cartelería que ao efecto anticipan estas festas cada ano máis concorridas pola súa devoción á vez que polo seu carácter lúdico.

Xa comezou ca novena de Santa Ana na súa capela da Rabadeira. Unha Santa Ana que culmina coa súa Festa o xoves 10 de maio, habendo misas ás 10-11 e 13h. O venres 11 haberá misa ás 13h do mesmo xeito que o sabado 12 de maio tamé ás 13:00.

Sen tempo a descansar, o sabado 12 e domingo 13 son as festas de Xaviña con misas ás 13:45h o sábado e ás 13:00h o domingo.

E o propio domingo 13 de maio comeza a novena da Virxe da Saleta na súa Capela de Erbecedo ás 20h. Celébrase a súa festa o luns 21 de maio con misas ás 10-13 e 20h.

En Traba o Sabado 19 e domingo 20 celebrarase a festa de Santa Marta, cunha mísa o sábado ás 13:00h e o domingo 20, com misas desde as 9 da mañá ata as 13h, que será a solemne, na súa capela do centro do pobo.

Previa á celebración das festas de Santa Ana e a Virxe da Saleta como sempre as Santas sairán en procesion polo término municipal para pedir a súa axuda en favor de boas colleitas e protección das familias.