Coristanco esquece as súas pioneiras depuradoras

Estado de abandono das depuradoras de Coristanco Xa pasaron máis de dúas semanas dende que TeGa Coristanco denunciaba o lamentable estado de abandono das depuradoras de Valenza e Cereo, pero o Concello non tomou ningunha medida. Unha situación gravísima que pode supoñer o deterioro definitivo de dúas infraestrutuvas de alta calidade e necesidade. Ante esta situación, o grupo de Amancio Lavandeira vén de presentar un escrito ante Augas de Galicia sobre o estado de ambas depuradoras, destacando que a de Vilaverde en Cereo è a que peor se atopa. No informe lembra que non están tendo mantemento, que os lodos que se van formando non se recollen e están desbordan polo arredor, provocando ademais graves atascos. Sinala Lavandeira que as depuradoras foron cofinanciadas con diñeiro da U.E. e hai un compromiso de mantemento das instalacións por un periodo de 5 anos, co risco de ter que devolver o diñeiro si esto non se efectúa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/denuncian-que-o-concello-de-coristanco-abandona-as-depuradoras-de-cereo-e-valenza-apenas-un-ano-despois-da-sua-posta-en-funcionamento/