COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas

Hoxe o Sergas informa do pasamento de 6 novos pasamentos na Costa da Morte.
  • O sábado falecía unha muller de 89 anos na residencia DOMUSVI de Carballo
  • O domingo houbo catro falecementos: Unha muller (76 anos) e dous homes (60 e 91) na residencia DOMUSVI de Carballo e unha muller de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
  • Hoxe luns falecía outra muller de 78 anos na mesma residencia carballesa.

Saía este mediodía Alberto Núñez Feijoo para anunciar unha serie de medidas restritivas, que se porán en marcha ás 0.00h do 27 de xaneiro, e que terán vixencia ata o 17 de febreiro en todos os concellos de Galicia:

  • A mobilidade queda reducida ao propio concello, agás causa xustificada como motivos laborais, sanitarios ou educativos.
  • As reunións quedan restrinxidas aos convivintes.
  • As clases da universidade serán virtuais ata o 7 de febreiro.
  • A Hostalería queda pechada (só comida a domicilio)
  • O comercio non esencial terá que pechar ás 18.00h e os centros comerciais non poderán abrir en fin de semana.
  • O deporte só poderá ser individual e con máscara (pechan os ximnasios).