De reprodución bovina a coaching para pais e nais con fillos adolescentes

O Centro de Formación Rural EFA Fonteboa prepara un completo programa de formación continua para estes meses de xaneiro e febreiro. Serán xornadas diversas, pois tratarán dende temas específicos como a apicultura, a reprodución bovina ou a comercialización, ata outros tan abertos como “coacnhing para pais e nais con fillos adolescentes.

Son actividades dirixidas aos alumnos de CFGM de “Producción Agropecuaria” e CFGS de “Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal” pero están abertas á participación doutras persoas interesadas nos respectivos temas. Poden preguntar en 981733051 ou en fonteboa@efagalicia.org.