Decomisan 181 kilos de cigala capturada ilegalmente por un barco portugués en augas de Fisterra
09 de xullo de 2019 (09:45 h.)
Unha embarcación portuguesa que faenaba nas augas preto de Fisterra, foi retida polo Servizo Marítimo da Garda Civil por estar traballando fóra das augas territoriais, e trasladada ata o porto da Coruña para inspeccionar a súa carga. Atoparon 181 kilos de cigala, cuxa pesca está prohibida, especialmente nesta zona. Ademais a embarcación carecía dun plan de bodegas visado pola autoridade competente e non anotaran no DEA as capturas intervidas.
Ante a gravidade das infraccións e como pedida cautelar, o Magrama ofreceu ao armador da embarcación un lugar para que quedar inmobilizado ante que resolva a autoridade competente, ficando no porto da Coruña.
A cigala intervida foi para o Banco de Alimentos.
Novas relacionadas
- Xuño 19: A Garda Civil incautou 4.039 kilogramos de sardiña no porto de Camariñas por exceso de capturas.
- Maio 2019: A Garda Civil comisa 2.000 quilos de sardiña malpicá sen garantías de trazabilidade.