Deteñen en Carballo un home por estafa a través de internet

25 de xaneiro de 2016 (07:16 h.)

Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron onte a un home como suposto autor dun delito de estafa continuado a través de Internet. Ao parecer, o agora detido, ofertaba terminais telefónicos móbiles a través da Rede e unha vez recibía a transferencia acordada non realizaba en envío dos teléfonos. Os responsables da investigación cren que o home podería estafar, que saiba de momento, pouco máis de 2000 euros.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo.
Fonte
- Garda Civil.