En marcha un novo curso da Escola Ambiental Senda Nova

Ponse en marcha un novo curso da Escola Ambiental Senda Nova, que conta coa inestimable colaboración do Concello de Carballo. A sétima edición arrinca cun programa moi ambicioso e fermoso.

Os voluntarios da entidade xa percorreron as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria dos centros carballeses. Máis de 40 charlas con vídeos, fotos… dos anos anteriores, e xa son moitas as familias que están reservando prazas para que os seus pequenos poidan gozar da natureza e do patrimonio.

A Escola desenvolverase de novembro a xuño, tendo lugar actividades todas as semanas (sábados ou domingos) partido da base de que coñecendo a natureza, máis se lle respecta.

Inscrición

En todo caso, o prazo de inscrición abre este luns 22 de outubro e remata o 29. Para preinscribirse terán que cubrir a volantina que se lles fixo chegar no colexio, ou poñerse en contacto con nós para facilitarlla, e entregala cuberta na Librería Punto e Coma (Rúa Valle Inclán nº 1-3 en Carballo), de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30h.

Tamén podes pedir información en sendanova@hotmail.com ou do teléfono 611037614.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-escola-ambiental-de-senda-nova-xa-achega-a-natureza-mais-cercana-a-25-rapaces-de-bergantinos/