En Marea analiza a situación política de Coristanco cinco meses despois da moción de censura

Pasaron xa cinco meses dende que os representantes do PSdeG e do PP de Coristanco uniron as súas sinerxias e presentaron unha moción de censura na que Abraham Gerpe se proclamou como alcalde. Pasado este tempo, onte o grupo En Marea empregaba as súas redes sociais para facer unha análise da situación política de Coristanco e publicaba o seguinte post: Como todos ben sabemos, a moción de censura foi vendida como a solución ao desgoberno que estaba q sufrir o noso concello baixo o mandato de TeGa: notades algunha mellora na xestión ou atopámonos diante de distinta xente pero o mesmo modo de actuar? Coa moción de censura accede á alcaldía Abraham Gerpe quen un tempo despois sofre dous accidentes de tráfico, o que provoca a súa baixa laboral e a volta de Antonio Pensado á alcaldía: haberá algunha intencionalidade ou irregularidade detrás destes accidentes e por conseguinte baixa laboral? Existe algunha relación entre a volta á alcaldía do Sr. Pensado e o informe favorable no relacionado á cuestión medioambiental da Consellería na planta de lodos de Gesmaga S.L.? Plantexando esta serie de cuestións e analizando o que vai de lexislatura, tanto o goberno de Amancio Lavandeira como o do dúo maquiavélico, podemos dicir que nos atopamos diante de dous xeitos de gobernar diferentes na súa forma pero iguais no seu contido; prácticas clientelares, ineficacia política, demagoxia, etc. #HaiQueBotalos #HaiMarea  

Artigos relacionados

A historia da moción de censura de Coristanco

Máis novas da política municipal de Coristanco

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).