Falece un traballador de Agualada ao caer dun andamio nunha obra

Tarde tráxica en Coristanco. Corrían ás 15:00h cando un operario perdeu a vida tras caer dun andamio mentres realizaba o seu traballo na parroquia de Santa Baia de Castro, Coristanco. A vítima, veciño de Agualada, caía ao chan dende uns 2 metros de altura. Ata o punto desprazáronse, ademais dos servizos sanitarios de urxencias, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade. O CIAE 112 Galicia tamén informou do accidente á Policía Local.