Ferido un traballador ao cortarse nunha fábrica de madeira en Coristanco

Un traballador foi evacuado esta tarde a un centro hospitalario despois de cortarse cando traballaba na fábrica de madeira de Unemsa en Coristaco. O accidente laboral tivo lugar ao redor das 17:45 horas e foi un particular quen alertou aos equipos de emerxencias. Ata o lugar do accidente desprazáronse os equipos de emercias que mobilizaron a un helicóptero medicalizado para trasladar ao ferido ata un centro hospitalario. Ademais, o 112 informou do sucedido á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil e ao GES de Ponteceso. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112