Galicia recibe as crebas da Costa da Morte

Os bastonciños recollidos por Mar de Fábula no CEIDA

O pasado xoves 21 de xullo e a pesares dos efluvios dunha tarde de verán, que invitaba a estar deitado na area da praia e nada máis, un aguerrido feixe de asistentes escoitaron no salón de actos do CEIDA, en Santa Cruz, diferentes historias arredor do lixo mariño e das crebas. Alí estaba Xosé Manuel Barros e a xente de Mar de Fábula, levando a voz, e as crebas, dos nosos areais.

Deixaron patente a frecuente chegada de envases de plástico dende o Corredor Marítimo de Fisterra á ribeira da Costa da Morte e da invasión dos bastonciños de algodón por todas as nosas praias; escoitaron falar da creación artística co lixo mariño e as crebas ca exposición “Cos Pés na Area”; asistiron en directo á degradación dos plásticos e á entrega da Mensaxe do Mar nunha botella e, por fin, sentíronse aliviados cunha narración poética de como o océano traenos de volta cousas sorprendentes e misteriosas.

O mítico voluntario do Prestige Sven no CEIDA Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mar de Fábula