Hoxe xoves, Camila Bossa nos #DirectosQPC
12 de novembro de 2020 (10:51 h.)
Hoxe volven os #DirectosQPC e fano coa actriz galega Camila Bossa. Unha desas facianas do audiovisual galego que levan con nós dende os anos 90, e que son parte da nosa identidade e cultura televisiva.
Faremos un completo repaso á súa carreira, preguntarémoslle pola súa relación coa Costa da Morte, a afondaremos no novo proxecto no que se ten metido, e que este venres ve a luz, da man da singular banda Aparato (@aparato_insta).
Estaremos ás 19.30h en directo na Páxina de Facebook de “Que pasa na Costa” que, por certo, vén de superar os 28.000 siareiros.
E coma sempre, de seguido subiremos a entrevista ao Youtube e á web.
Outros DirectosQPC
- Alicia Barreiro e Silvia Penide unen os sectores sanitario e cultural para lanzar unha mensaxe de esperanza.
- “As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Mónica Martínez nos #DirectosQPC: “Considérome unha muller de aldea”.