A Laracha, Carballo e Muros, os únicos concellos da comarca que seguen afectados polo Covid
13 de outubro de 2020 (10:01 h.)
Non é para relaxarse, pero os datos do Covid nos Concellos da Costa da Morte son bastante mellores que os que oímos doutras partes do estado. A día de hoxe só o Concello da Laracha está en Nivel 2 de alerta (conta entre 14 e 21 casos positivos), mentres que Carballo e Muros se atopan en nivel 1 (entre 7 e 14).
Segundo os datos da Xunta de cada concello, que son públicos dende a pasada semana gracias ao acordo coa FEGAMP, Fisterra pasa de Nivel 1 a nivel 0.
O resto de concellos da Costa da Morte están en nivel 0, con menos de 7 casos activos.
Ademais, só permanece unha persoa hospitalizada por covid no Hotel Virxe da Xunqueira.
Novas relacionadas
- As máscaras de Gerifarma: De Pedracuca a media España.
- 16-09-20: Os Concellos de Carballo, Laracha, Laxe e Ponteceso quedan libres de restricións covid.