A Liga de Periodistas do Camiño de Santiago fixo ruta pola comarca

Xunta directiva da Liga de Periodistas del Camino de Santiago na Costa da Morte

Visita ilustre a que recibimos esta pasada fin de semana. A Liga de periodistas do Camiño de Santiago que está formada oito asociacións de xornalistas do Camiño Francés en España (Aragón, Navarra, A Rioxa, Burgos, Palencia, León, Lugo e Santiago de Compostela), achegouse pola comarca para coñecer de preto o fin do Camiño e para facer entrega dos VIII Premios Aymeric Picaut.

Foron Jacques Clouteau e Marie-Virginie Cambriels, do grupo editorial francés Le Vieux Crayon, especializado na Ruta Xacobea, os que recibiron no Pazo de Fonseca en Santiago o Premio Aymeric Picaud 2021 de divulgación periodística do Camiño de Santiago, polas suas guías Miam miam dodo.

De seguido, os membros da Liga, responsables do premio continuaron a súa estadía en Galicia pola Costa da Morte visitando o Museo da Pesca e o faro de Fisterra e fixeron unha travesía marítima a bordo do Ganges cinco, un dos barcos turísticos que surcan as nosas augas. Acompañounos a gaita de Santiago Bardullas, o gaiteiro do Solpor, e Rodrigo Costoya o autor dos libros “Portosanto” e “El Custodio de los libros”, explicando en plena navegación a historia do Colón Galego.

Tempo tiveron tamén para inaugurar no salón da Camposa de Muxía a exposición "El conocimiento en el Camino de Santiago” e a exposición fotográfica do tamén muxián Xesús Búa "As Memorias do Camiño” (nesta foto de arriba). Precisamente a entidade tivo un detalle co fotoxornalista muxián.
José Ignacio Toquero e Jean-Claude Benazet coa voz tamén de Marie-Virginie Cambriels puxeron o toque musical.

Xa de volta no Bela Fisterra, trala celebración da xunta directiva da entidade, e trala cea pagada pola Consellería, un concerto do grupo Pablo Nash Band amenizou o fin da estancia.