Localizan con vida o veciño que desaparecía o pasado martes

Disposito de busca do home desaparecido polos montes de MUros Esta mañá de sábado 19 de xaneiro era atopado vivo o veciño de Muros, Juan Rodríguez Caamaño, duns 60 anos, que desaparecía na tarde do pasado martes 15. Tras 5 intensos días de busca cun dispositivo completísimo, foi atopado vivo nunha finca do Matovello, en Uhía por un integrante do dispositivo de busca, e xa esta no centro de saúde recibindo a atención médica pertinente. Traballaron estes días, percorrendo quilómetros e quilometros de monte, Garda Civil, GES de Muros, Unidade Canina e o Helicoptero, policìas Locais de Carnota e Muros así como voluntarios de AVPC. Mesmo a Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), cos seus drons están participando do dispositivo.