Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia

Nunha hora e nun radio de 100 metros recolleron 560 bastonciños de algodón. Imaxe: Mar de Fábula Unha vez máis os integrantes de Mar de Fábula dan unha lección de ecoloxía. Durante unha hora e en menos de 100 metros recolleron un total de 560 bastonciños de algodón. Ou o que significa unha densidade de case 6 unidades por metro lineal causando un elevado impacto ambiental. "Esta é a densidade máis alta que temos controlado até o de agora", din os membros da asociación ecoloxista. Atrás quedaron os outro moitos metros de areal das Salseiras, en Caión, así como a súa zona alta onde se acumulan unha gran cantidade de lixo orgánico, plásticos e moitos máis bastonciños de algodón que van parar aos areais despois de tiralos polo inodoro tras o seu uso para a hixiene persoal.
Os bastonciños convértense en microplasticos que acaban no estómago da fauna mariña. Imaxe: Mar de Fábula Segundo relatan dende Mar de Fábula, na súa expedición poideron comprobar que a metade destes refugallos xa se atopaban esmagados, polo que se converteran en microplásticos que soen ir a parar ao aparello dixestivo da fauna mariña. Este tipo de accións dan conta do serio problema ambiental que están a causar estes productos para a hixiene persoal e que se deriva do equívoco hábito de tiralos pola taza do wc.
Os membros de Mar de Fábula atoparon un arao morto na praia das Salseiras. Imaxe: MF Na saída, os membros de Mar de Fábula atoparonse tamén cun arao morto e cun envase de plástico con caracteres turcos que probablemente proceda do corredor marítimo de Fisterra.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Mar de Fabula