Monoulious DOP saen de xira cos seus novos sinxelos

Monoulious DOP lanza os eus novos sinxelos

Os veciños de Noia, Monoulious DOP, están de lanzamento e de xira. 5 anos despois lanzan unha xira polas salas máis íntimas de Galicia, con aforo reducido, para conectar ca súa xente de sempre e ferver de calor co seu formato a trío, a que chamarán a xira das "Salas de Star".

"Un tema Disco pop e outro con toques tradicionais sen perder a esencia de MDOP sempre irreverentes e excéntricos."

Os temas foron producidos por Pla Vinseiro e Iago Pico no verán de 2024 nos Pouland studios.
Serán a secuencia de moitos temas que conformarán o novo disco de Monoulious DOP.

 

CHÁNDAL METAL TOUR: As Salas de Star

  • 8/3 Lugo - Sala Jagger
  • 15/3 Boiro - Pousada da Galiza imaxinaria
  • 22/3 Ourense - Auriense cultural
  • 29/3 Melide - Pun Gatos
  • 5/4 Cambados -Krazzy Kray
  • 12/4 Santiago - Sala Sónar
  • 10/5 Vigo -Fábrica de chocolate club
  • 24/5 A Coruña - Sala Filomatic

 

ENTRADAS EN ENTRADIUM.COM