No 2014 creáronse máis dun centenar de novas empresas na Costa da Morte

Parece que os brotes verdes comezan a aparecer na economía real. Hoxe recollemos os datos que nos trae o Instituto Nacional de Estatística, para analizar o estado de saúde da pequena empresa costeira, o gran motor da economía galega. I é que as administracións levan anos confundidas: non fai falta tanto solo industrial, fan falta empresas, pemes. E se destinaran máis apoios á creación das mesmas e menos á facer parques industrias tomados pola maleza, mellor iría a economía.

Lamentamos non ter os datos da empresas que pecharon as súas portas durante o mesmo curso. Pero sabemos que segundo os datos correspondentes ó mes de decembro do 2014 que se desprenden da Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (Borme) publicado no pasado mes polo IGE, creáronse en toda a bisbarra un total de 108 empresas durante o mesmo ano.

É o de Carballo, cunha realidade económica radicalmente distinto ao do resto da bisbarra, o que máis empresas creou con 37. Por detrás, Cee, con 10 novas empresas, polas 6 de Zas e Santa Comba e Zas.
Os Concellos que menos movemento tiveron Coristanco, Malpica, Laxe, Muxía e Dumbría, con apenas unha empresa creada no 2014.

Novas empresas (2014) na Costa da Morte e Galicia

ConcelloNº de novas empresas
Carballo37
A Laracha10
Cee10
Santa Comba6
Zas6
Vimianzo5
Camariñas5
Cabana5
Mazaricos5
Ponteceso4
Muros4
Fisterra3
Corcubión2
Coristanco1
Malpica1
Laxe1
Muxía1
Dumbría1
Carnota1

Pasos a dar en materia de igualdade

Os datos en materia de igualdade, a nivel galego, dan conta de que hai moito que facer. As novas empresas seguen sendo lideradas por homes nun 73% dos casos.

Moito comercio, e unipersonal

O 26,5% das empresas creadas en decembro no cómputo xeral de Galicia pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son a hostalaría (12,5%) e as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (12,2%).
Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en decembro, o 78% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 15,7% por dous socios.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC cos datos do IGE.