No 2014 creáronse máis dun centenar de novas empresas na Costa da Morte


Parece que os brotes verdes comezan a aparecer na economía real. Hoxe recollemos os datos que nos trae o Instituto Nacional de Estatística, para analizar o estado de saúde da pequena empresa costeira, o gran motor da economía galega. I é que as administracións levan anos confundidas: non fai falta tanto solo industrial, fan falta empresas, pemes. E se destinaran máis apoios á creación das mesmas e menos á facer parques industrias tomados pola maleza, mellor iría a economía.
Lamentamos non ter os datos da empresas que pecharon as súas portas durante o mesmo curso. Pero sabemos que segundo os datos correspondentes ó mes de decembro do 2014 que se desprenden da Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (Borme) publicado no pasado mes polo IGE, creáronse en toda a bisbarra un total de 108 empresas durante o mesmo ano.
É o de Carballo, cunha realidade económica radicalmente distinto ao do resto da bisbarra, o que máis empresas creou con 37. Por detrás, Cee, con 10 novas empresas, polas 6 de Zas e Santa Comba e Zas.
Os Concellos que menos movemento tiveron Coristanco, Malpica, Laxe, Muxía e Dumbría, con apenas unha empresa creada no 2014.
Novas empresas (2014) na Costa da Morte e Galicia
Concello | Nº de novas empresas |
Carballo | 37 |
A Laracha | 10 |
Cee | 10 |
Santa Comba | 6 |
Zas | 6 |
Vimianzo | 5 |
Camariñas | 5 |
Cabana | 5 |
Mazaricos | 5 |
Ponteceso | 4 |
Muros | 4 |
Fisterra | 3 |
Corcubión | 2 |
Coristanco | 1 |
Malpica | 1 |
Laxe | 1 |
Muxía | 1 |
Dumbría | 1 |
Carnota | 1 |
Pasos a dar en materia de igualdade


Os datos en materia de igualdade, a nivel galego, dan conta de que hai moito que facer. As novas empresas seguen sendo lideradas por homes nun 73% dos casos.
Moito comercio, e unipersonal
O 26,5% das empresas creadas en decembro no cómputo xeral de Galicia pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son a hostalaría (12,5%) e as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (12,2%).
Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en decembro, o 78% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 15,7% por dous socios.
Novas relacionadas
- Domingo Guerra: Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Importantes rebaixas para as parcelas dos polígonos de Carballo, Ponteceso e Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC cos datos do IGE.