Nova concentración en Ferroatlántica pola readmisión do traballar despedido por un comentario nunha rede social

Foto-Rafa Quintáns A sección sindical da CIG en Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas (o resto do Comité non secunda) volve á carga coa nova convocatoria unha concentración para mañá, mércores 23 de xaneiro, ás 12:00 horas, diante da fábrica de Brens contra a represión sindical e para demandar a readmisión do compañeiro despedido por un comentario que fixo nunha rede social, fóra do ámbito da empresa. Para a representación da CIG "o despedimento deste compañeiro, que foi membro do comité, é totalmente desproporcionado e constitúe un acto de represión sindical que hai que enmarcar na denuncia pola celebración do referendo sobre o convenio colectivo". Un referendo que a CIG entende que foi ilegal porque se permitiu votar a persoas que non estaban dadas de alta na empresa. Por este motivo, a sección sindical ten presentado denuncia na Inspección de Traballo. &nsbp;

Máis novas do conflito #Ferroatlántica