Nova fin de semana de tinte electoral en Camariñas, Carnota, Corcubión, Muxía e Vimianzo

A fin de semana voltou ter un tinte electoral. As ceas de confraternizacións e presentacións de campañas electorais foron as protagonistas.

Un dos que se presentaba en sociedade era o PSOE de Corcubión. O actual alcalde, Francisco Lema, Chisco, apostou polos Servizos Sociais na presentación do renovado equipo, que se celebrou no Hotel El Hórreo. Unhas 150 persoas acodiron á presentación do programa, e unhas 100 quedaron á cea.

Tamén a vila camariñá de Arou tivo cita co PSOE. Alí, o equipo comandado por Pichurri celebrou un Vibrante e emotivo mitin no que as veciñas locais Maira e Gemma tiveron moito protagonismo. O Alcalde volveu falar do grande logro que supón sacar adiante o PXOM. Ademais tamén estivo Pachi Vázquez, o presidente do PSdG, na vila palilleira. Visita da que daremos conta mañá.

Tamén tiveron os representantes do BNG traballo arreo. E houbo citas en Muxía, Carnota e na Ponte do Porto.
Bieito Lobeira acompañou ao candidato muxián Tino Gándara na súa presentación. Uns 100 veciños escoitaron a aposta pola pesca e pola gandeiría do novo e humilde candidato.
Na Ponte do Porto, o BNG de María Isabel Barreiro estivo arroupado por Francisco Jorquera. O paro estivo moi presente e Barreiro destacou que o paro en Camariñas nestes catro anos aumentou nun 74% e comprometíuse.
E pola súa banda, Moncho Noceda presentou o seu programa aos veciños de Lariño. Rafa Sestaio, mozo de Lariño que participa na sétima praza da candidatura do BNG, foi o encargado de abrir o acto ante máis dun cento de veciños. Noceda falou dun “programa cos pes na terra que fuxe de personalismos e proxectos faraónicos.

Finalmente toca detalle de protesta, xa que por Fisterra critican que 15 minutos de colgar os primeiros carteis o pasado xoves pola noite, os de Modesto Fraga xa estaban polo chan. É isto unha campaña limpa na vila do Cristo?

Ademais, unha das presentacións da fin de semana foi a que protagonizou Carmen Borbujo ao fronte do PP de Vimianzo. Un grupo que aposta polo Deporte, como corrobora as dúas fichaxes Miguel Figueira, un dos mellores xogadores que deu o fútbol da Costa nos últimos anos, e actual xogador do Soneira e adestrador do equipo xuvenil; e Fran Miñones, o Fran de Urroa do Soneira.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).