O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña

Traballadores de Ferroatlántica na Manifestación en Coruña pola industria electrointensiva Este domingo arredor dun cento de traballadores costeiros acodiron á manifestación coruñesa por unha solución para a industria electrointensiva. A situación laboral de Alcoa e de Ferroglobe faise absolutamente insostible e milleiros persoas saíron á rúa para denuncialo. ”Non ao peche de Alcoa”, “Por el empleo en Alcoa” eran algunhas das pancartas e dos berros que se escoitaron na manifestación convocada ao unísono polos sindicatos. Pero tamén se lían os “Non ao peche dos Fornos” de Ferroatlántica, gracias á participación dos traballadores costeiros. O Comité das fábricas Cee-Dumbría-CCHH fletaba un autobús pero ademais houbo moita xente que acodíu cas famiias para aproveitar o domingo na cidade herculina.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-psoe-fai-unha-boa-declaracion-de-intencions-a-6-meses-vista-pero-en-15-dias-podemos-estar-na-rua/

Máis novas do conflito #Ferroatlántica