O BNG Costa da Morte informa sobre as Pensións do Extranxeiro
30 de agosto de 2013 (11:23 h.)
O BNG Costa da Morte ven de sacar unha Nota de Prensa na que realizarán unha Campaña de Iinformación A Emigrantes Retornados con Pensións do Extranxeiro.
Nestes últimos meses, moitos emigrantes xa retornados a Galicia e que perciben pensións do extranxeiro, están sendo requeridas pola Axencia Tributaria para que declarar as cantidades que percibiron dende o ano 2008. Nunca se deu ningún tipo de información relacionada coa súa obriga a declararen as contías que recibían por pensións do extranxeiro, según informa o BNG, e así, existía un total descoñecemento da obriga de facer a declaración anual do IRPF, o que confirma a nula intencionalidade de defraudar por parte destas persoas. Con todo isto, cinco anos mais tarde, están sendo requeridos pola Axencia Tributaria, coa advertencia ademais dunha posíbel sanción por non teren cumprido con algo que descoñecían.
O Bng Costa da Morte organiza unha serie de reunións cos afectados en todos os concellos da Costa da Morte no transcurso da vindeira semana.
Comezarán cas reunión Informativas este Sábado 31 de Agosto as 19:30 No Concello de Cee. Na que estarán e falarán:
Xabier Paz...Portavoz do Bng de Corcubión, Serxio Domínguez Louro...Portavoz do Bng Costa da Morte, Tereixa Paz...Deputada do Bng no Parlamento de Galicia. E tamén contarán ca presencia dun Asesor xuridico nesta materia