O sendeirismo cítase coa Costa da Morte

Os participantes no programa de andainas "Coñece a Costa da Morte" descubirán as Caldeiras do Castro O sendeirismo volve a ter unha cita esta fin de semana coa Costa da Morte. Así, por unha parte, o sábado continúa o programa de andainas "Coceñece a Costa da Morte" para descubrir os puntos máis importantes do concello de Muxía. Os camiñantes percorrerán os dez quilómetros que separan as localidades de Ponte Constante e as Caldeiras do Castro. Os interesados en participar poden anotarse antes do xoves enviando un correo electrónico a deportes@vimianzo.gal indicando nome, apelidos, data de nacemento, DNI, número de teléfono e poboación.
Tamén esta fin de semana continúa a 8ª edición da Primavera en Ruta organizada pola asociación ambiental Senda Nova. Nesta ocasión percorrerán as aldeas malpicanas de Cerqueda e Cambre. En total serán uns 17 quilómetros de percorrido. Desta forma, este xoves día 11 - ás 21 horas - terá lugar no local das Pozacas-Cerqueda, a presentación do percorrido. O traxecto está deseñado por Evaristo Domínguez Rial para ser percorrido de xeito interpretativo con paradas de coñecemento, xa que o traballo está feito para camiñar polos puntos de interese cultural, natural e paisaxístico da parte oriental do concello Malpicán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).