Os alumnos da Artai comproban a importancia do xornalismo nunha completa Semana da Prensa

Ubaldo QPC na Semana da Prensa de Artai

Completa e interesante a Semana da Prensa que organizou o Centro Artai durante a pasada semana. 5 charlas de profesionais do sector da Costa da Morte que achegaron á súa realidade, a súa profesión, aos alumnos da ESO. Unha Semana da prensa organizada por Joaquín Moreira, que destacou “a alta profesionalidade dos cinco participantes e a súa visión positiva do oficio do periodismo”. “É destacable o gusto dos cinco polo traballo que realizan o 5 poñentes e o intento de transmitir esa visión os nenos, vendo o futuro con optimismo, e considerando que o periodismo é algo necesario para a sociedade”, valora Moreira.

Fran Hermida na Semana da Prensa do Artai

Toni Longueira (La Voz), Fran Hermida (Cadena Ser), Ubaldo Cerqueiro (QPC) e Mabel Montes (TVG) abriron unhas xornadas que tiveron como grande estrella a Sheyla Bermúdez Lista. A ex alumna artaica pechou a serie falando das súas experiencias en La Voz, ou na Radio Galega.

Sheila Bermúdez na Semana da Prensa do Colexio Artai

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).