Os Bombeiros de Carballo acollen a Semana de Prevención de Incendios cunha xornada aberta
Da importancia da prevención xa son conscientes os propios traballadores do lume. E para facela real, ademais de convencer ás administracións, hai que facelo coa cidadanía. Nese marco xorde a Semana da Prevención de Incendios, enmarcada dentro das actividades de sensibilización e formación que desde o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, que pretende potenciar a Autoprotección e dese modo reducir non só o número de intervencións senón tamén a gravidade das mesmas.
Desta volta, os Bombeiros de Carballo serán os anfitrións desta Semana de Prevención de Incendios que artella o Consorcio coa colaboración da Fundación Mapfre e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB). Do luns 3 ao xoves 6 de outubro haberá actividades por toda a provincia, e Carballo será o epicentro durante a xornada do luns, cunha xornada aberta a todos os públicos. Dita xornada, que se celebrará no Forum (Praza Bombeiros Voluntarios s/n) de Carballo dará comezo ás 10:00h coa presentación dos actos a desenvolver por parte do Sarxento-Xefe do Parque de Carballo, Javier Díaz do Val, o Gerente do Consorcio José Luís Barca Añón, como representante da Diputación José Luís García García e será presidido polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodriguez.
A continuación da presentación terá lugar unha pequena charla técnica sobre os riscos nos centros educativos e o fogar, dirixida, especialmente, aos alumnos de 5° e 6° dos colexios CEIP A Cristina e CEIP Bergantiños de Carballo, pero aberta a todos os públicos, para continuar cunhas prácticas de extinción de incendios. Ditas prácticas, nas que poderán participar activamente tanto profesores como alumnos, consistirán na extinción dun incendio nunha cociña e unha campaña extractora así como na explicación e manexo dun extintor.
Así mesmo, os asistentes poderán participar nunha práctica de buceo en fume. Para iso se habilitará un local completamente escuro e cheo de fume artificial.
Ademais dos escolares, o público en xeral poderá participar activamente na xornada e, co asesoramiento dos bombeiros, participar na extinción dun incendio en cociña, campá extractora e aprender o uso e manexo dun extintor. En horario ininterrumpido e ata as 19:00 h, permanecerán expostos todos os medios de que dispón o Parque de Carballo para que o público en xeral poida achegase e interactuar cos bombeiros.
A Agrupación de Protección Civil local colabora na xornada con talleres de Primeiros Auxilios e prácticas de RCP.
Novas relacionadas
- 29-09-16: Os Bombeiros de Carballo sofocaron o incendio dun cortello en Ardaña.
- 20-09-16: Uns 300 traballadores de Seaga maniféstanse contra a precariedade e a política de prevención de incendios.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Bombeiros de Carballo.