Os festivos do 2017

A principal novidade do calendario laboral do 2017 que deu a coñecer onte a Xunta é que san Xoán deixará de ser un día festivo a nivel autonómico. O vindeiro ano, o 24 de xuño, día no que se celebra unha das festas galegas máis importantes cae en sábado. No vindeiro ano non será día laborales o 6 de xaneiro (día de Reis), o 13 e 14 de abril (xoves e venres santo), o 1 de maio (día do Traballo), o 25 de xullo (día de Galicia), o 15 de agosto (a Asunción), o 12 de outubro (festividade nacional), o 1 de novembro (Todos os Santos) e os 6 (día da Constitución), 8 (Inmaculada) e 25 (Nadal) do mes de abril. Tamén será festivo o 17 de maio do 2017 (día das Letras Galegas) que reempraza á festividade do Ano Novo por ser un domingo. Ademais destes, cada concello escollerá dous días de festividade local. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)