Piscina pechada por vacacións
16 de agosto de 2018 (08:15 h.)
Pleno agosto. Non parece o mellor momento para pechar a piscina municipal. Así e todo o alcalde Abraham Gerpe vén de pechar a piscina da Rocheira despois de tela un mes aberta. A falta dun socorrista para substituir ao fixo son as causas deste peche.
Non atopou o Concello un socorrista e agora aproveita o peche para facer uns traballos de mantemento pensando xa no ano que vén.