Radares Costa da Morte. Vixiando a que nos vixía
23 de maio de 2013 (09:00 h.)
Xa o podes buscar no Facebook e no Twitter. Unha comunidade con máis de 5.000 siareiros entre as dúas redes sociais que comparte información sobre os puntos de control de velocidade móbil da Costa da Morte.
Unha proposta curiosa, anónima, que se nutre dos propios usuarios que envían a @Radarescostadam os puntos onde acaban de ver o radar móbil da Benemérita para que os siareiros vaian reducindo a velocidade.
O caso é servir de escaparate para evitarnos sustos por ir un pouco máis rápido do permitido.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).