Os gardacostas incautaron na zona do Ezaro uns 16 quilos de centola
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de 1.270 quilos de peixe e marisco e 194 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados polo litoral galego durante a semana pasada. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 5.400 metros de artes de enmalle. Estes son os resultados dos controis que está levando a cabo a Consellería do Mar para vixiar a extracción ilegal de cara ás festas de Nadal.
Este operación levouse a cabo en distintos puntos da costa galega. Na zona da Costa da Morte, afectou especialmente á praia do Ézaro e Punta Castelo, en Dumbría, onde os inspectores requisaron 16 quilos de centola e 4 útiles de pesca.
Novas relacionadas