Venres. 03.05.2024
El tiempo

Máis de 180 kilos de marisco e peixe incautados en Lira e Corcubión

Máis de 180 kilos de marisco e peixe incautados en Lira e Corcubión
Peixe e marisco incautados en Lira

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron preto de 180 aparellos de pesca, entre eles 2 vehículos, 350 quilos de distintas especies e 5.000 metros de artes de enmalle en distintos operativos realizados polo litoral galego na última semana.

Unha das actuacións máis destacadas realizárona o pasado mércores na Ría de Muros-Noia, en Lira, onde os axentes requisaron 35 volantíns, 2.500 metros de miños e 108 quilos de distintas especies de peixe e marisco. Ademais, nesta mesma ría, os Gardacostas comisaron máis de 55 quilos de distintas especies de marisco, a maioría centola ovada que devolveron ao mar.

Por outra banda, na ría de Corcubión os axentes comisaron máis de 20 quilos e 3 aparellos de pesca e en Fisterra preto de 3 quilos de nécora e un aparello. Ferrol e Coruña tamén foron obxecto de inspeccións, nas que se requisaron respectivamente 6 artes de pesca e 6 quilos de ameixa e 2 quilos de percebe.

Artes de enmalle incautadas

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios