Retido un barco por un sentinaso no Corredor de Fisterra

Imaxe do buque ofrecida por Salvamento Marítimo

Segue a ser o Corredor de Fisterra un espazo por onde pasan 40.000 barcos anualmente. Espazo onde ademais da proximidade, se seguen cometendo delitos como o que protagonizou o pasado 11 de febreiro, o buque “Lagherta”.

Axentes de Salvamento Marítimo cazaron ao buque de bandeira de Malta realizando un sentinaso ao seu paso pola zona de separación do tráfico marítimo de Fisterra.

O buque realizou unha descarga de hidrocarburos que provocou unha mancha de 12,7 km2 de superficie.

As forzas de seguridade detiveron o barco en Tarragona, ao ser a primeira parada a porto que realizaron dende a descarga ilegal, impoñendo unha fianza de 100.000€ para liberar o barco e continuar a travesía.

As probas recollidas e analizadas servirán para iniciar un expediente sancionador por un delito grave.