Satisfacción nas delegacións costeiras do PSOE pola vitoria de Pedro Sánchez

Valentín Costa do PSOE bergantiñán votando nas Primarias Tremendo o interese da militancia do PSOE costeiro polas Primarias. Así o refrendan os datos de participación, como ese 85% na comarca de Bergantiños. Unha Agrupación, a bergantiñá, que amosa claramente a súa satisfacción, pois a vitoria de Pedro Sánchez tivo un apoio de máis do 90% entre os militantes, por diante do 73% de apoio na Costa Atlántica, o 70% da provincia da Coruña, o 66% en Galicia, ou o 50% en todo o estado. Dende primeira hora da mañá as sedes socialistas recibían a visita de militantes, ansiosos por facer escoitar o papel das bases. O interese percibíase mesmo antes da apertura das mesas, pois xa había xente esperado para votar. ”Estamos moi contentos, tanto pola participación como polos resultados. Dentro da no Agrupación o apoio case rozou o 100%, así que estamos moi satisfeitos. Agora toca traballar de cero”, recoñece Valentín Costa, un dos concelleiros carballeses, que xunto a María Vila, xa botara fotos con Sánchez na súa visita á comarca en 2015.
Maria Vila, voceira do PSOE de Carballo, con Pedro Sánchez en 2015 Pola Costa Atlántica o sentir é semellante, sobre todo pola “altísima participación que falan de un partido moi vivo, en un proceso democrático que non se dá en ningún partido de España”, apunta Juan Carlos Canosa. En canto os resultados, recoñecen a clara vitoria de Pedro Sánchez e “agora toca a toda militancia unirnos en torno o novo Secretario Xeral”. En todo caso, o PSOE Costa Atlántica non se manifestara publicamente e houbo xentes que apoiaron persoalmente a diferentes candidatos. Así, maioritariamente gañou Pedro Sánchez na Costa (cun 73% dos apoios) así que a satisfacción é importante. Todos, mesmo os que apoiaban a Susana, teñen claro que agora toma remar na mesma dirección.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).