Scooters e bicis para as Agrup. de Prot. Civil de A Laracha, Carnota, Dumbría, Muxía e Vimianzo

A Agrupación muxiá xa recibíu este pequeno todoterreno este ano

A Deputación vén de anunciar unha nova liña de axudas para que 20 Agrupacións de Proteción Civil da provincia poidan elixir entre scooters, bicis ou equipos de comunicación.

O lote 1, para a adquisición de scooters, foi adxudicado para varias agrupacións, entre elas as de Vimianzo, A Laracha, Carnota, e Muxía, ademais doutros concellos.

O lote 2, para bicicletas, está pendente de adxudicación para as agrupacións de Ribeira e Dumbría.

No último lote, de equipos de comunicación, consígnanse 39.891,28 euros dirixidos ás agrupacións de Carballo, Muros e Mazaricos, ademais dos de Bergondo, Boimorto, A Pobra, Ares e Abegondo.
Quedaron fóra desta convocavoria concellos como Zas, Coristanco, ou Santa Comba.