Solpor impulsa a promoción internacional da Costa da Morte na WTM de Londres
05 de novembro de 2025 (07:40 h.)
A Asociación SOLPOR continúa o seu labor de promoción do territorio e dos servizos turísticos de calidade que ofrecen os seus asociados no Camiño a Fisterra e Muxía. O presidente da entidade, Jesús Picallo, participa activamente en dous dos eventos máis relevantes do sector: a World Travel Market (WTM) de Londres e a Feira Fairway 2025 en Santiago de Compostela.
“Estar presentes na WTM de Londres e en Fairway é unha oportunidade única para seguir mostrando ao mundo a verdadeira esencia da Costa da Morte”, sinala Picallo. “Traballamos por e para os nosos socios, para que o seu esforzo, a súa profesionalidade e a calidade dos seus servizos sigan situando a este territorio no lugar que merece: un destino sostible, próximo e cheo de vida”.